wpe99.jpg (4969 bytes)

eduard3.gif (49349 bytes)

A miña nai e miña tía puxéronse a disputar porque a miña nai quería unhas cousas e a tía outras. Poño por caso, a miña tía quería que eu levase o rosario de ouro portugués e doas de nácara que fora de miña avoa e que pesaba un ferrado. E a miña nai dicía que semellante aparello non era cousa para levar un cativo. A miña tía trouxera un cirio enrizado, moi belido, era verdade, ata con bolboretiñas de cera, pero moi groso e de máis do meu alto. E a miña nai dicialle que as velas do alto da persoa eran para os "ofrecidos", por mágoas e pecados, e non para os nenos de primeira comuñón. A miña tía quixo que eu levase un feixiño de lirios brancos que fora procurar, moi cedo, ó xardín da súa amiga a Marquesa de Leis

De: "Os biosbardos"

Francisco Añón Roberto Blanco Torres