wpe9B.jpg (4142 bytes)

cabanill.gif (41915 bytes)

Na tristura das horas do desterro,
ante os meus ollos, rebulindo, brillan
roxas e ardentes, pra morrer nun sopro,
voadoras muxicas.

Son as miradas túas; as que soltas
no aburrimento triste desa vida
con que o ceo a friaxe do teu peito
xustamente castiga.

Como saben que as quixen e inda as quero
co sufrido penar daqueles días,
veñen a consolarme, agarimosas...
mais ca ti compasivas!

De: No desterro, 1913

Fermín Bouza Brey Alfonso R. Castelao