wpe9C.jpg (4351 bytes)

castelao.GIF (68319 bytes)

No remate da comida, e cando miña nai comezaba a dar gracias a Deus por tanto ben como nos dera, velaí aparece diante de min a muller de Peito de Lobo.

- Pois... ¡eu véñolle dicir que se garde do meu home! ¡Vostede é o pecado, señor! Eu xa lle preguntei: "Pero ti, home ¿onde te puxeches para que che tirase tan ben?". E o pobre non fai máis que dicir: "As espullas heillas de dar eu a el", porque, mire señor, o que máis o magou foi que lle imitase as espullas do nariz.

Aquela tarde limpei de espullas o nariz do cabezudo. Peito de Lobo, preso na casa pola súa muller e polo medo de matar a un home, acochouse cediño.

De: "Retrincos"

Ramón Cabanillas Eduardo Blanco Amor