wpeAB.jpg (3406 bytes)

 Dieste.gif (55036 bytes)

Eran de alá da montaña... Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. Longa viaxe fixeran para darlle cumprimento ó antollo do vello.

Moito tempo tivera secreto aquel desexo. Un día, coa mimosa curtidade dun neno que pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, o avó tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. A filla e o xenro riron boamente daquela tolería.

De: "Dos arquivos do Trasno"

Rosalía de Castro Celso Emilio Ferreiro