wpeAC.jpg (2669 bytes)

     

 

 

 

- Escoita o que che vou dicir, besta brava... É polo teu ben. Xa sabes que ben apunto. Para facerte baixar podería poñer unha gavela de toxo ó pé da árbore, e plantarlle lume; mais non quero derrama-lo freixo, que aínda fai unha boa viga.

E dicindo isto, botou a escopeta á cara apuntando para Manueliño. E volveu falar.

- Se te tiras, cázote no aire o mesmo que unha perdiz. Non coides que has morrer de calquera xeito: has morrer dunha perdigonada no bandullo. Como hai Deus que has morrer axiña. E cando esteas envorcallándote no chan, heite de asegundar ben como fago cos lobos. Escoita godallo. Eu conto ata trinta. Se ó rematar non baixas, chímpote dun tiro. Se es home de ben, has de baixar. Os dous comeremos da miña carabela naquela mesa.

De: "A lus do candil"

Xesús Ferro Couselo Federico García Lorca