wpeB8.jpg (3440 bytes)

risco.jpg (11299 bytes)

-Agora -dixo o nadador-, eu bótome ó río, así como indica a figura 83; e logo, vostede vaime lendo os distintos tempos da braza de peito. Comeza na páxina 191:

Púxose nas puntas dos pés, botouse elegantemente á auga, e desapareceu baixo das ondas. D. Felisindo, emocionado, contivo o alento... ¿El volvería? As tempas de D. Felisindo batían con forza. Con man tremente buscaba a páxina indicada... Ó cabo dun pedazo, reapareceu D. Feliciano con cabelos apegados na calva relucente de mollada.

- ¿Non ve, Gómez, que ben se flota? ... ¡Se non hai medo!... Agora, lea.

Don Felisindo principiou:

-"O corpo completamente horizontal" ... Así ... Agora, !1º tempo. Posición inicial. Figura 14... Os brazos e as pernas encollidas...".

De: "Os europeos en Abrantes"

Eduardo Pondal Luis Seoane