wpe9A.jpg (4466 bytes)

Bouza.gif (29921 bytes)

Lelias o teu olvido

O pumariño da noite quer froitificar estrelas,
O tanxer desta cantiga é o sinal para encendelas...
-¡ai, meu amor!-
...é sinal para encendelas.

Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,
no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar...
-¡ai, meu amor!-
...de herbiñas de namorar.

As novas ondas do ensoño espreitan co seu engado
pra enguedella-la toleira desta noite de noivado...
-¡ai, meu amor!-
...desta noite de noivado.

Así ó fontegal da esperanza, antes de que saia o día
iremos enguedellados cata-la flor da auga fría...
-¡ai, meu amor!-
...cata-la flor da auga fría.

Ó alén; que no pumariño madurecen os luceiros;
nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros,
-¡ai, meu amor!-
no labradío das ondas albea a flor do luar,
lámpada para o teu teito de herbiñas de namorar,
-¡ai, meu amor!-
se algún malfado nos fere, axotarémo-lo mal
a bicos, ou caramiña dun virxe caramiñal...
-¡ai, meu amor!-
...dun virxe caramiñal.

Eduardo Blanco Torres Ramón Cabanillas