Arriba Centro Valle Miñor Agradecimientos Novedades Contenido Sus comentarios Vinculos
Canto III
--- 1ª PAGINA WEB DE LA EMIGRACION ESPAÑOLA EN EL URUGUAY ---

xacobeo.gif (6667 bytes)
XACOBEO '99

WB01727_.gif (697 bytes)
Vea las últimas novedades...
WB01727_.gif (697 bytes)
Baiona.JPG (12679 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
WB01727_.gif (697 bytes)
XIS NAVEGADOR GALEGO

Navegador galegoWB01727_.gif (697 bytes)

garoto.gif (11870 bytes)

 

Manuel Curros Enríquez
(
O divino sainete,
1888) -fragmento-

Mentres a nosa visita
dabamos comezo, a máquina
roda furiosa e crepita.
E a través dunha vidreira
ollando, vin que xa tiñamos
atravesado a fronteira.
Dos carrís por ambos lados
a vella terra das Galias
ergue os petoutos nevados,
e en aldraxante palique
dinnos ó pasar as xentes:
Bonjour, messieurs fanatiques.
Alritado a tal exceso,
queixeime a Añón do saúdo.
Dixo: -Pois éche un progreso.
Que en non moi lonxanos prazos
o tren francés recibíase
en España a trabucazos.
Nesto no vagón segundo
entramos; sai de alá dentro
un cheiro tan nauseabundo
que, non querendo asfixiado
morer, busquei o moqueiro,
pero ¡tíñanmo roubado!
-Non pases da porta, tente
-acrecentoume o poeta-:
da Envexa estás frente a frente.
E convén que nopn te colla
por diante: este monstro vive
soaente do que desolla.
Agradecido ó consello
pareime e púxenme á escoita
por non desgustar ó vello,
chegando astra min, sombría,
entre aquel bafo que afoga
unha estraña algarabía.
Anque a desputa era brava,
caín na conta ben logo
que das letras se trataba,
E como das letras vivo,
deime a axexar, de tal sorte
que esto collín que aquí escribo:
-Dígame, miña señora:
¡é certo que na súa terra
renace a poesía agora?
-Boubas que ceiban ó vento
catro soñadores tolos...
¡Non lle hai tal renacemento!
-Non haberá, mais non quita
pra que Castelar o afirme.
-Xa lle eu tirei da levita
en certa ocasión... ¡Ten gracia
eso de chamar poetas
a esas ras da Democracia!
-Non me maltrate ó grande home...
¡El, ó fin, nas apuradas
é o que nos dá un pouco nome!
Dalguén sei que tras de rirse
del e dos seus ideales
cando quixo redimirse
do olvido, sentouno á mesa,
fixoo falar... e a eso debe
valer o que val e pesa.
-Se eso que di vai comigo,
mente. Eu brillo con luz propia.
-Morra o conto... -¡Mente, digo!
E en demostra de que mente
faga o favor de ler ese
tomo e despois escarmente-.
E de súpeto, escoitando
un tombo, baixei os ollos
e vin ós meus pés, rolando,
un libro da nova escola
que cheira a Carulla ás leguas
e fede que apesta a Zola.
-¿Convenceuse? -Estou ferido
polo argumento, que é forte,
mais non estou convencido.
Eu sosteño, e traio probas,
que Galicia esperta; dígao
a autora de Follas Novas.
-¡Valente choromiqueira!
Poetas deses feitío
cómpranse a centos na feira.
Hai anos que un mala peza
quixo coroala en vida
e eu tireillo da cabeza.
-Agora comprendo o gusto
con que lle rezou pola alma...
-Honrar os mortos é xusto.
-Ese deber todos temos;
pero inda máis xusto acho
que ós vivos non deshonremos.
Mais, á ilustre padronesa
deixando, pois astra coido
que de mentala lle pesa,
diga e perdoe, ¿eses vates
que mostran tantos alentos
para os modernos combates,
eses Novos e Labartas,
eses Lagos, esas perlas
que surxen á luz en sartas,
e esa xeración nova
de parleiros rousiñoles...?
-Cantan... como Xan da Cova.
(...) Entrei no vagón, e diante
de min presentouse a escena
máis atroz e repugnante.
Montón de frades noxentes,
obscenos, crasos, cebados,
de longas uñas e dentes,
con rudo renxer de moas
botan a parva, engulindo
cal torpes serpentes boas. (...)
-¿Quere acompañar? Sen gana
cómeselle esto. -¿E que é eso?
-Un pouco de carne humana.
Mesmo de xunto á rileira,
nunca saio sen un toro
de Murguía na fiambreira.
-Mercé, non levo apetito.
-Matámolo a paus nantronte,
¡élle un bocado exquisito! (...)
I así, pra min estendendo
anacos do seu almorzo
todos fóronme ofrecendo
con crianza e fidalguía
talladas de Oxea, Vicetto,
Lamas, Pondal, Rosalía...
Mirando aqueles horrores,
vendo que trato merecen
os artistas e escritores,
suspirei con triste xesto,
"¡Pardiola! ¡Non paga a pena
de amar a patria pra esto!
Atento Añón ó meu dito,
-Ten conta -observou-, ten conta
con non alzares o grito;
que se esta xente soubera
quen es ti, que a censuras...
¡non che arrendo a que che espera!
¿Coidabas outra caricia
obter da que obtemos todos,
dos críticos de Galicia?
Pois, meu amante, vai vendo...
-e Añón amosoume un frade
que ía os meus ósos roendo.
 

Por preguntas o comentarios:  email.gif (139 bytes)  moebius@internet.com.uy

Última modificación:19/06/99