CELEBR. No nome do Pai e do fillo e do Espírito Santo
POBO Amén

SAUDO INICIAL
CELEBR. A gracia de noso Senor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espirito
Santo sexan con todos vós.
POBO E contigo tamén.
CELEBR. A gracia e maila paz de Deus noso Pai, e de Xesucristo, noso Señor, sexa con
todos vós.
POBO E contigo tamén.
CELEBR. O Señor sexa convosco.
POBO E contigo tamen.

ACTO PENITENCIAL
CELEBR. lrmáns: para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que
somos pecadores.
TODOS Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus
irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión pola
míña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa.
Por iso Ile pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós
tamén meus irmáns, que roguedes por min a Deus, o noso Pai.
CELEBR. Deus omnipotente tena piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e
nos leve á vida eterna.
POBO Amén
CELEBR. Senor, ten misericordia de nós.
POBO Pois temos pecado contra ti.
CELEBR. Móstranos, Senor, a tús piedade.
POBO E dáno-Ia tua salvación.
CELEBR. Deus omnipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos
pecados e nos leve á vida eterna.
POBO Amén
CELEBR. Ti que fuches enviado a salva-los corazóns arrepentidos, Señor, ten piedade
de nós.
POBO Señor, ten piedade de nós.
CELEBR. Ti que viñeches chamar ós pecadores, Cristo, ten piedade de nós.
POBO Cristo, ten piedade de nós.
CELEBR. Ti que estás á dereita do Pai para intercederes por nós, Señor, ten
piedade de nós.
POBO Señor, ten piedade de nós.
CELEBR. Deus omnipotente tena piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados
e nos leve á vida eterna.
POBO Amén

KYRIES
CELEBR. Señor, ten piedade de nós.
POBO Señor, ten piedade de nós.
CELEBR. Cristo, ten piedade de nós.
POBO Cristo, ten piedade de nós.
CELEBR. Señor, ten piedade de nós.
POBO Señor, ten piedade de nós.

GLORIA
Gloria a Deus no ceo,
e paz á seu pobo na terra.
Noso Senor Deus, rei do ceo,
Deus Pai todopoderoso;
louvámoste, bendecímoste, adorámoste,
glorificámoste e dámosche gracias,
pola túa inmensa gloria.
Señor, Fillo único, Xesucristo,
Señor Deus, año de Deus fillo do Pai.
Ti, que quita-lo pecado do mundo
ten piedade de nós
Ti, que quita-lo pecado do mundo
ten piedade de nós;
escoita a nosa oración.
Ti, que estás á dereita do Pai,
ten piedade de nós;
porque Ti é-lo único Santo,
ti, o único Señor,
ti, o único Altísimo, Xesucristo.
Co Espírito Santo na Gloria de Deus Pai, Amén
DESPOIS DAS LECTURAS
LECTOR Palabra do Senor.
TODOS Gracias a Deus
EVANXELIO
Diácono
ou Celebr. O señor sexa convosco.
POBO E contigo tamén.
Diácono
ou Celebr. Lectura do santo Evanxelio segundo San...
POBO Gloria a ti, Señor.
DESPOIS DO EVANXEUO
Diácono
ou Celebr. Palabra do Señor
POBO Louvámoste, Cristo.
CREDO
Creo en Deus, Pai todo poderoso
creador do ceo e máis da terra.
Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso
Señor,
que
foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo
e naceu da Virxe María.
Padeceu no tempo de Poncio Pilato
foi crucificado, morto e sepultado,
descendeu ós infernos.
O terceiro dia resucitou de entre os mortos,
subiu ó ceo, onde está a direita do Pai,
e de alí virá xulga-los vivos e os mortos.
Creo no Espíritu Santo
na Santa Igrexa Católica,
na comunión dos Santos,
no perdón do pecados,
na resurrección da carne
e na vida eterna.
Amén
PRESENTACION DO PAN
CELEBR. Bendecimoste, Senor. Deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan, que
é froito da terra e do trabaílo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos
converta no pan da vida.
POBO Bendito sexa Deus, agora e sempre.
PRESENTACION DO VINO
CELEBR. Bendecímoste, Senor, Deus do universo.
Da tua bondade recibimos este vino,
que é froito da terra e do trabaílo dos homes.
Presentámoscho agora
para que se nos converta na bebida da salvación.
POBO - Bendito sexa Deus, agora e sempre.
CELEBR. Pregade, irmáns, para que este secrificio meu e voso
sexa ben acollido por Deus Pai omnipotente.
POBO O Señor acolla das túas mans este sacrificio,
para louvanza e para gloria do seu nome,
para ben noso e de toda a súa santa Igrexa.
DIALOGO DO PREFACIO
CELEBR. O senor sexa convosco.
POBO E contigo tamén.
CELEBR. Erguede os corazóns.
POBO Témolos postos no Señor.
CELEBR. Deámoslle gracias ó Senor, noso Deus.
POBO É digno e de xusticia.
SANCTUS
TODOS Santo, Santo, Santo es ti, Señor,
Deus do universo
Enche-lo ceo e maila terra
coa túa gloria
¡Hosanna no ceo!
Bendito o que ven no nome do Señor.
¡Hosanna no ceol
DESPOIS DA CONSAGRACION
CELEBR. Velaquí o misterio da nosa fe.
POBO 1.- Anunciámo-la túa morte,
proclamámo-la túa resurrección,
¡Ven, Señor Xesús!
2.- Cada vez qúe comemos deste pan
e bebemos deste cáliz,
enunciámos-la túa morte, Señor,
esperando ata que volvas. .
3.- Sálvanos, Señor, Salvador do mundo.
Ti que nos liberaches
pola túa morte e resurreción.
O NOSO PAI
CELEBR. Guiándonos polos consellos do Salvador e seguindo a súa doctrina,
atrevémonos a decir.
TODOS NOSO PAI que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña o teu reino
fágase a túa vontade
qui na terra coma no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada dia;
perdoa as nosas ofensas,
como tamén perdoamos nós
quen nos ten ofendido;
non nos deixes caer na tentación,
mais libranos do mal.
DESPOIS DO NOSO PAI
CELEBR. Líbranos Senor, de tódolos ma!es e dáno-la paz nos nosos días. Fai que,
axudados pola túa misericordia, vivamos sempre libres de pecado e amparados de toda
desgracia. Mentres esperámo-la salvación e volta gloriosa do noso Senor Xesucristo.
POBO Pois teus son o reino, o poder e maila gloria por sempre eternamente.
A PAZ
CELEBR. Señor Xesucristo, ti dixéchesiles ós teus Apóstolos:
"Deixovo-la miña paz, dóuvo-la miña paz Non mire-los nosos pecados, senón a fe da
túa Igrexa: dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade. Pedímoscho
a ti, que vives e reinas por sempre eternamente.
POBO Amén.
CELEBR. A paz do Señor sexa sempre convosco.
POBO E contigo tamén.
CELEBR. Dádevo-la paz coma irmáns.
AÑO DE DEUS
TODOS Año de Deus, que quita-lo pecado do mundo:
Ten piedade de nós.
Año de Deus, que quita-lo pecado do mundo:
Ten piedade de nós.
Año de Deus, que quita-lo pecado do mundo:
Dáno-la paz.
COMUNION
CELEBR. Este é o Año de Deus ue quita o pecado do mundo. Felices os convidados á cea
do Señor
TODOS Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa
abonda para me salvar.
CELEBR. O Corpo de Cristo.
COMUL. Amén.
DESPEDIDA
CELEBR. A Senor sexa convosco.
POBO E contigo tamén.
CELEBR. Bendígavos Deus todopoderoso: Pai, e Fillo, e Espíritu Santo.
POBO Amén.
CELEBR. Podedes ir en paz, e que o Senor vos acompañe.
POBO Démoslle gracias a Deus.

Texto oficial aprobado polos Bispos das dióceses de Galicia, e confirmado
pola S. Sé.

Cantos pra Misa
de Santiago Apostolo
Entrada: Vinde Axiña
Vinde axiña compañeiros
Vinde hoxe pra festexar
a ledicia polos anceios
de comparti-lo viño e o pan
Vinde, vinde galeguiños
Vinde mozas, rapaces chegade
e traede tamen os meniños
que a festa da vida esta a comenzar
Vinde axiña compañeiros
Vinde hoxe pra festexar
a ledicia polos anceios
de comparti-lo viño e o pan
Vinde, vinde aldraxados
Vinde probes, famentos chegade
e traede tamen os pecados
que a festa da vida esta a comenzar
Vinde axiña compañeiros
Vinde hoxe pra festexar
a ledicia polos anceios
de comparti-lo viño e o pan
Vinde, vinde garimosos
vinde xustos e ledos chegade
e traede tamen os gozosos
que a festa da vida esta a comenzar
Vinde axiña compañeiros
Vinde hoxe pra festexar
a ledicia polos anceios
de comparti-lo viño e o pan

Ten piedade: Señor, ten piedade
Señor ten piedade de nos
Señor ten piedade de nos
Cristo ten piedade de nos
Cristo ten piedade de nos
Señor ten piedade de nos
Señor ten piedade de nos

Aleluia
O Señor noso deus
todo o mundo bendi
todo o mundo proclama
e cantando lle di:
Santo, Santo, Santo el Señor
Santo, Santo, Santo el Señor
O Señor noso deus
todo o mundo bendi
todo o mundo proclama
e cantando lle di:
Santo, Santo, Santo el Señor
Santo, Santo, Santo el Señor

Ofertorio: Velaqui, Señor
Velaqui Señor o viño
froito das nosas videiras
e o pan de trigo arrincado
o leito das nosas leiras
O mar, as estrelas
os rios, o sol
os prados, as leiras
para ti Señor
Tamen traemo-las penas
as angurias, inquedanzas
as ledicias, a beleza
a nosa fe e esperanza
O mar, as estrelas
os rios, o sol
os prados, as leiras
para ti Señor

Saudo de paz: Tendeme a tua man
Tendeme a tua man
que a miña esta aberta
teño lume no fogar
tendeme a tua man
que a miña esta aberta
no me fagas esperar
Tendeme a tua man
que a miña esta aberta
Tendeme a tua man. Si
que a miña esta aberta
Tendeme a tua man. Si
que a miña esta aberta

Comunion
Non vou so
Unha certeza nos guia
o longo do camiñar
por iso imos aqui
alegremente cantar
Non vou so
teño un amigo o meu lado
non vou so
eu sei que deus esta conmigo
Ala no ceo unha estrela
pra ilumina-lo camiño
para que vexa o Señor
no rostro do meu veciño
Non vou so
teño un amigo o meu lado
non vou so
eu sei que deus esta conmigo
Cando a xornada por dura
e a forza xa che faltar
levanta os ollos o ceo
so deus te pode axudar
Non vou so
teño un amigo o meu lado
non vou so
eu sei que deus esta conmigo

Xa nos dixo Xesus
Xa nos dixo Xesus
onde esta noso lar
onde esta nos pai
e os nosos irmans
Xa nos dixo Xesus
que debemos amar
sen facer distincions
cos nosos irmans
Amadebos uns os outros
Coma eu vos amei
amadebos uns os outros
como vos ama o voso pai
que fai sai-lo sol
sobre os bos e os pecadores
Xa nos dixo Xesus
onde esta noso lar
onde esta nos pai
e os nosos irmans
Non vos chameis servos
eu chameivos amigos
vos sode-la luz do mundo
sede as miñas testemuñas
coas vosas obras
e as vosas verbas
Xa nos dixo Xesus
onde esta noso lar
onde esta nos pai
e os nosos irmans
Xa nos dixo Xesus
que debemos amar
sen facer distincions
cos nosos irmans |