

Adicado a Roberto Blanco
Torres
O escritor, nacido en
Cuntis cara ó 1880, destacou no xornalismo polo seu talante combatente e o seu compromiso
político co galeguismo. Tamén fixo incursións nas vangardas poéticas.
O Día das Letras Galegas deste ano estará adicado a Roberto Blanco Torres. O
Executivo Autonómico aprobou onte o decreto polo que declara 1999 como o año deste
xornalista e escritor a proposta da Real Academia Galega.
Nacido en Cuntis (Pontevedra) cara ó 1880, Roberto Blanco Torres diu os seus primeiros
pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é calificada
polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva.
Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios
impresos foi moi extenso e variado. A firma de Roberto Blanco Torres nas columnas de
opinión caracterizou prácticamente unha época xornalística.
Ademáis de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas
columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra.
Dende Cuntis, o seu pobo natal, emigrou a Cuba. Este desterro condicionou a súa
personalidade que se foi forxando pouco a pouco no trascorrer dos años. Comprometido co
seu tempo evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo.
A Real Academia Galega considerou que a labor de Roberto Blanco Torres o facía
merecente dun posto de honra no xornalismo galego. O Día das Letras Galegas foi a data
escollida para a homenaxe a este pontevedrés.
O decreto aprobado onte polo Goberno galego fai fincapé na obriga de tódo-los galegos
de participar nos actos do Día das Letras Galegas. As institucións públicas, centros de
ensino, bibliotecas, asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia
dedicarán unha parte importante das súas actividades a poñer de relevo a obra deste
xornalista e poeta.
Como testemuña da homenaxe se fará en 1999 a Roberto Blanco Torres, a Xunta acuñará
trescentos exemplares numerados dunha medalla conmemorativa.
Paula Pérez - Santiago
Faro de Vigo 8/1/99